Rexistros domesticados é un proxecto que pretende mostrar a unidade de fondo nas motivacións temáticas, técnicas e formais, ao longo de corenta e cinto anos de traxectoria da artista. Organizada pola Subdirección Xeral de Promoción de Belas Artes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a exposición foi presentada no espazo Tabacalera Promoción del Arte en Madrid a comezos de 2015. Preséntase dentro del programa da Bienal Miradas de Mujeres 2016 organizada por MAV.
A mostra presenta o desenvolvemento coherente das motivacións de Marisa González e a súa procura de solucións para responder a problemas das sociedades actuais en diálogo coa reflexión permanente sobre o que é a arte e sobre o papel que pode desempeñar no mundo contemporáneo.
A mostra reúne unha serie de traballos colaborativos, inéditos até agora en España e realizados durante a etapa formativa de Marisa González en Estados Unidos, canda outros que abordan o recordo autobiográfico como un xeito de reivindicar a memoria colectiva dos procesos laborais e de produción fabril, ou a cuestión das desigualdades políticas, económicas, produtivas e laborais que se testemuñan nos rexistros da vida cotiá no emerxente sureste asiático.
Na revisión realizada nas salas do CGAC será capital o bloque denominado Sistemas generativos (1971-1973) e outros traballos asociados xa dentro da década dos noventa. Nesta parte do proxecto exhíbense obras de diversos soportes en estreita vinculación coa copy-art, a fotografía, as estratexias conceptuais ou o feminismo. Outro bloque destacado, Arqueología industrial, abrangue traballos como Fábrica (2000) e Nuclear Lemoniz (2003-2006) que inclúen instalacións objetuales e vídeos. A exposición contará, ademais, coa instalación Estación Fax (1993) e un dos seus últimos traballos videográficos Ellas filipinas (2010-2014), sobre as emigrantes filipinas en Hong-Kong.
Fonte: CGAC
Conferencia de Marisa González e Rocío de la Villa (15 de abril de 2016)