Atalaia

Maruja Mallo no seu taller en Madrid (1936)
> Maruja Mallo e a Revista de Occidente
Datas: 02/05/2013 - 08/06/2013

Artistas

Maruja Mallo

Descrición

 

A galería About Art presenta esta exposición con litografías orixinales desta artista galega, considerada a “musa do Surrealismo”, quen homenaxeou a Revista de Occidente realizando unha serie de obras nas que lembra os seus tempos en Madrid, onde se trasladara en 1922 para estudar Belas Artes na Real Academia de San Fernando, relacionándose con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano ou Rafael Alberti. En 1927 forma parte da primeira Escola de Vallecas, unha proposta 'plástico-poética' do escultor Alberto e o pintor Benjamín Palencia.

Esta exposición alude directamente a súa relación con José Ortega y Gasset, quen organizou a primeira mostra de Maruja Mallo nos salóns da Revista de Occidente no 1928. Comeza así a súa continuada colaboración con la publicación, realizando numerosas portadas e calendarios, publicados entre 1931 e 1936.

Completan a exposición diversos textos e fotografías realizadas pola propia artista en 1979 e por Soledad Ortega, filla de Ortega y Gasset.

Fonte: Galería About Art