Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
"Creo que a tarefa dun artista non debe de ter un fin social, quizais teña un destino social. Ese é un valor engadido polos demais a un mero acto de resistencia, supervivencia e aprendizaxe individual como é a arte. Así pois o fin da arte non debe de ser comprensible. Non debe de ser nin propaganda política nin inmoralidade. O seu fin non pode ser nin o de agradar nin o de irritar, que é outra forma de agradar. Cando eu estou a falar sobre a finalidade da arte na nosa sociedade estou a facer o labor dun sociólogo e non a dun artista.