Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
A mostra é o resultado da residencia que o artista tivo na Fundación entre os meses de marzo e setembro de 2017. O período de traballo de Trastoy na Fundación, serviu para destilar a esencia de dez anos de traballo do artista: un fértil período de reflexión que conforma un proxecto específico formado por tres instalacións.
Na montaxe, a obra realizada durante a residencia, irá acompañada dun pequeno grupo de pezas anteriores que mostran os camiños percorridos polo artista ata facelos cristalizar na súa obra actual.
Na mostra, o debuxo, alicerce de toda obra do artista, abandona o formato bidimensional para expandirse e adquirir un formato escultórico, a través de obras que cuestionan a distancia entre arte e artesanía.
No ano 2007 o artista sitúa o cambio de paradigma con respecto á súa obra anterior. Desleixándose do debuxo dixital, base da súa pintura, Trastoy opta por un debuxo que amplía o seu campo de acción utilizando técnicas ancestrais de traballo artesanal como o tecido, a cestería ou a cerámica.
A exposición esta formada por varias instalacións realizadas con debuxos encarnados mediante o tecido de diversos materiais -arame, fitas adhesivas, fío de cáñamo…- ou por medio da cerámica.
Rojo excederá o seu espazo expositivo física e conceptualmente. De xeito simultáneo, a obra de Trastoy poderá verse no museo e na súa web site baixo ópticas diferentes. O obxectivo deste desdobramento é crear unha aproximación mais completa ao traballo do artista.
Texto: Monse Cea
Entrevista a Mauro Trastoy (Zigzag Diario. CRTVG)