Artistas participantes: Akram Zaatari, Aurélio Michiles, Ayrson Heráclito & Danillo Barata, Bouchra Khalili, Carlos Motta, Coco Fusco, Dan Halter, Enio Staub, Jonathas de Andrade, León Ferrari & Ricardo Pons, Liu Wei, Luiz de Abreu, Mwangi Hutter, Rabih Mroué, Rosângela Rennó, Sebastian Diaz Morales, Vincent Carelli & Dominique Gallois, Walid Raad.
Do “descubrimento” de Brasil polos portugueses ao golpe de estado en Chile, o ataque do 11 de setembro en Estados Unidos, a masacre de Tiananmen en China, ou a Guerra Civil en Líbano; existen moitas formas de relatar —ou de intentar borrar— historias que se manteñen vivas a través da sensibilidade e a obra de artistas procedentes deses lugares. A mostra Memorias imborrables: Unha mirada histórica a la Colección Videobrasil presenta un conxunto de pezas que contribúe a rescatar a memoria de eventos e conflitos cuxa interpretación baseouse en versións oficiais da parte vencedora, ofrecendo narrativas persoais que se fan públicas a través da arte.
Memorias imborrables. Unha mirada histórica á Colección Videobrasil supón un punto de inflexión, pois se trata da primeira gran exposición realizada a partir da Colección Videobrasil, que na actualidade reúne en torno a 3.000 obras (entre elas publicacións, documentación, e uns 1.500 traballos en vídeo a partir dos anos oitenta) de artistas procedentes do Sur Xeopolítico do mundo, eixo curatorial de Videobrasil, que comprende países de Latinoamérica, Caribe, África, Oriente Medio, Europa do Leste, Sur e Sudeste de Asia, e Oceanía. A partir da inmersión neste complexo e variado universo, a selección realizada por Agustín Pérez Rubio inclúe obras que teñen en común temas como a violencia de estado, as fronteiras políticas, e os prexuízos.
Fonte: MARCO