A mostra de Menchu Lamas (Vigo, 1954), O tempo é un círculo, presenta obras de gran formato que abranguen dúas décadas da súa traxectoria, incluindo a década dos 90 e despois o periodo que vai do ano 2000 até agora. Recolle unha escolma das obras máis significativas no evoluir da artista nestas dúas décadas ben diferenciadas. A proposta da artista viguesa está sustentada nunha persoal aleación entre abstracción e figuración: facendo a descuberta dun mundo intermedio (onde realidade e soño fusionan). Falouse da intensidad simbólica no seu traballo. Un proceso onde a memoria viva e máis a tensión do presente establecen un diálogo entre formas ancestrais, evocacións primordiais e máis o axitado repertorio de paradigmas urbanos. Ás veces un cromatismo pop introduce unha rechamante vitalidade, xerando unha contundente chamada visual inzada de intensa plenitude envolvente.
Fonte: Casa das Artes