Atalaia

Mentres sucede. Derivas do presente. Arte e cultura no novo século (I)
> Mentres sucede. Derivas do presente
Datas: 05/05/2015 - 22/06/2015

Descrición

O ciclo de conferencias Mentres sucede. Derivas do presente. Arte e cultura no novo século (I) pretende dar respostas sobre os lugares e as ideas da creación xira sobre as distintas visións do mundo artístico contemporáneo: Cales son as novas etiquetas do presente? Como resiste a crítica? Por que seguimos a desexar marcar novas tendencias? Cales son os novos desafíos do museo e as galerías? Como se ve e se escribe fronte e desde o presente.

Trátase de recoñecer as derivas e marcar os procesos, introducirse na transformada actualidade e percorrer as paisaxes cambiantes e diversas que veñen sucedendo na arte do presente.

 

Programa

Francisco Jarauta (Catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia)_ A situación das Artes
CGAC (Santiago de Compostela): 5 maio, 20 h
Fundación Barrié (A Coruña): 6 maio, 20 h

Andrés Jaque. Arquitecto_ Transurbanismos caseiros
Fundación Barrié (A Coruña): 13 maio, 20 h

Juana de Aizpuru (Galerista)_ As galerías como axentes dinamizadores do desenvolvemento da Arte
Fundación Barrié (A Coruña): 9 xuño, 20 h
CGAC (Santiago de Compostela): 10 xuño, 20 h

Sarah Thornton (Escritora e socióloga da arte)_ 33 artistas en 3 actos
CGAC (Santiago de Compostela): 22 xuño, 20 h
[Conferencia con tradución simultánea]

Entrada libre até completar capacidade.
Organiza Fundación Barrié en colaboración co CGAC.

Folleto do ciclo de conferencias

 

 

Trátase de recoñecer as derivas e marcar os procesos, introducirse na transformada actualidade e percorrer as paisaxes cambiantes e diversas que veñen sucedendo na arte do presente. Desde estas e moitas outras preguntas, neste conxunto de conferencias, pretendemos ofrecer un retrato da complexidade da creación actual, e recoller as súas respostas desde a voz de protagonistas e axentes
de diferentes eidos, desde a historia e a teoría da arte, a arquitectura ou a experiencia artística. Unha oportunidade para xerar unha sorte de mapa de teorías, experiencias, prácticas, lugares e críticas da arte presente. - See more at: http://cgac.xunta.es/GL/actividad-detalle/91/mentres_sucedeGAL#sthash.Tfv3X4Na.dpuf