Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Método [...]. Montaxe [...] Ecos de Baudelaire - Brecht - Benjamin

Atalaia

Mónica Cabo. Derecho de servidumbre. 2010. Oito pezas de madeira atopadas nun dereito de paso e posteriormente torneadas. 100x6 cm.
> Método [...]. Montaxe [...] Ecos de Baudelaire - Brecht - Benjamin
Datas: 18/10/2012 - 24/02/2013

Comisariado

Manuel Olveira

Descrición

Método […]: montaxe […] é un proxecto expositivo que reúne a unha serie de artistas xóvenes xa consolidados coa fin de establecer un marco de reflexión sobre o momento presente a través dunha escolla de obras que analizan diferentes aspectos da actualidade, ben sexa a nivel local ou global. A exposición pretende amosar as distintas maneiras de enfrentarse ao contexto actual por parte dunha xeración de artistas que naceron a principios da década dos anos 80, así como as ferramentas e estratexias que éstes empregan na práctica artística para poder analizar e poñer de manifesto tanto cuestións de carácter estético coma diferentes problemáticas de interacción social.

Comisariada por Manuel Olveira, a mostra toma como punto de partida unha cita do Libro das pasaxes de Walter Benjamin, obra na que o pensador pon de manifesto o seu interese nos procesos de documentación e nos arquivos como método de configuración da análise histórica e filosófica en contraposición ao concepto de progreso: "Método […]: montaxe […] Nada que dicir. Só mostrar. Non furtar aí nada valioso, nin facerse coas ideas máis agudas. Pero os farrapos, os refugallos, iso no é o que hai que inventariar, senón deixar que acaden o seu dereito da única forma na que é posible: a saber, empregándoos". Esta cita muestra que para Benjamin a historia non é algo pasado nin pechado, senón que está aberta a novas e contínuas interpretacións. A través da técnica da montaxe, Benjamin quere recuperar fragmentos para actualizalos no presente como exercicio de memoria mediante un traballo de reconstrución.

Velaí cómo actúan os artistas escollidos para participar neste proxecto actualizando a figura literaria de Benjamin do trapeiro da historia ou a figura baudeleriana do flâneur, pero cunha distancia que nos recorda a Brecht porque os feitos e as imaxes son amosadas crúamente, sen lirismos estetizados nen repregamentos subxectivos. Cos seus traballos iluminan con luz fría o presente, distanciado e comprometido, como fixo Brecht no seu teatro épico e narrativo. Cada un coas súas obras interroga ao pasado recente ou ao presente cunha serie de cuestións cuxo inventario pon ante os nosos ollos os arquitos de fragmentos, retazos e puntos de vista sobre o presente para que, parafraseando a Benjamin, acaden o seu dereito a existir da única maneira posible: empregándoos.

LINK: PDF - Catálogo da mostra Método [...]. Montaxe [...] Ecos de Baudelaire - Brecht - Benjamin.

Fonte: Fundación Seoane