Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Miguel Palma. Desconforto moderno

Atalaia

Miguel Palma. Projecto Gravidade, 2008. Fotograma do vídeo que documenta o descenso de Miguel Palma pola Rampa do Caramulo. © Miguel Palma, 2013. Vídeo: António Caramelo
> Miguel Palma. Desconforto moderno
Datas: 06/03/2013 - 26/05/2013

Descrición

Miguel Palma (Lisboa, 1964) aprópiase das formas e do fluxo narrativo dunha modernidade en continua mutación interpretativa para traballar con conceptos como a dexeneración, o fracaso ou o progreso. A súa fascinación polas iconas dunha modernidade clásica, como o automóbil, a aviación, a observación astronómica, a arquitectura e a tecnoloxía en xeral, resulta nun cadro de ansiedade que non reproduce un mundo desexado, senón máis ben o desexo dun mundo, materializado nunha curiosidade expansiva que cuestiona o real mediante instalacións, vídeos, debuxos e performances, como a que presentou no CGAC coincidindo con esta inauguración.

Fonte: CGAC