Artistas: Berio Molina - Chiu Longina - Igmig - Isaac Cordal - Luis Costa - Manuela Barile - MDME - Aquófono - Servando Barreiro.
Web da exposición: http://www.nossomosson.org
Comisariado: Alg-a.org
O son, terra libre da linguaxe, por fin. Lonxe da dualidade, corpo e mente, espíritu e materia, natureza e civilización, profano e sagrado, onde resoan as esencias comúns do universo e dos seres humanos, unha viaxe cara á nosa orixe. Ser orixinais. A materia e o universo como ondulación, as relacións como resonancias, os afectos como vibracións. Efectivamente,
NÓS SOMOS SÒN
Unha exposición que se podería encadrar dentro da arte sonora, unha exposición como ecosistema e territorio de posibilidades, en que se propón un corpo a corpo coas instalacións sonoras, onde o visitante se poida converter nunha terminal que activa, desactiva, modula e, en definitiva, habita ese territorio á súa vontade. Sen intermediarios nin conceptos. Puro fluír, presente continuo, corpo e máquina fundidos nunha éxtase para os sentidos.
Vimeo: Vídeo da inauguración
Fonte: Normal