Mirage, a primeira exposición de Nelo Vinuesa (Valencia, 1980), na Galería Bacelos, completa un proxecto pictórico que se inicia con Recurrent Dream, vídeo-pintura na que se investigan as posibilidades estéticas, espacio-temporais e rítmicas do soporte audiovisual. A animación, planteada como un bucle ininterrumpido, mergúllanos nun universo onírico e primixenio o que converxen realidade e ficción, soño e vixilia, desvelando imaxes nas que a paisaxe confórmase como un escenario poliédrico onde explorar as interaccións entre individuo, paisaxe e natureza.
Nesta liña de investigación, Nelo Vinuesa recibiu recentemente a bolsa CAM de Artes Pláticas para traballar durante un ano en Londres, e así poder desenvolver Wild Pulse, o seu próximo proxecto pictórico relacionado coa animación e o vídeo.
Interesado en planteamentos escenográficos de pintores como Brueghel ou El Bosco e influenciado por pioneiros no tratamento da paisaxe como Joachim Patinir, así como polo cromatismo e composición das miniaturas medievais, na obra de Vinuesa artéllanse numerosas referencias á tradición pictórica con outras máis próximas á cultura audiovisual, como a estética esquemática dos videoxogos Arcade, o cine de ciencia ficción, a publicidade ou a animación. A serie de pinturas preséntase como un conxunto de fotogramas perdidos, fragmentos conxelados dunha narración que se constrúe ao redor da idea de espellismo, fenómeno que fai referencia á distorsión da percepción sensorial, á apariencia enganosa de algo que nos leva a apreciar a realidade dun xeito erróneo.
Mirage é sombra, máscara, reflexo, ilusión… unha mirada persoal á paisaxe, á imaxe da cidade contemporánea e as súas dinámicas internas, á percepción da natureza e aó máxico. Hai algo de romanticismo, de psicodelia e drama nas vibrantes composicións que ofrece o pintor, unha proposta plástica que se foi consolidando e enriquecendo a través da experimentación e a incorporación de materiais extrapictóricos ou novas prácticas nun exercizo de disección, despece e reordenación dos distintos substratos que configuran unha imaxe, segundo Ricardo Forriols.
Xunto a Relax, unha das pinturas que compoñen esta serie, aparece un monitor no que se ailla a secuencia dun can á carreira, símbolo con certo grado de ambivalencia, pretendendo establecer unha relectura da narración mediante a vídeo-animación en oposición ao carácter estático do lenzo e, deste xeito, ampliar o seu posible significado.
Fonte: Galería Bacelos