Atalaia

Neves Seara. Arena en el corazón. 2012. Acuarela, tinta, serigrafía, découpage. 30 x 40 cm.
> Neves Seara. En el corazón de los pájaros
Datas: 20/04/2012 - 16/06/2012

Artistas

Neves Seara

Descrición

"A estética escenográfica, a miniatura, a ausencia e a presencia, a memoria tactil e sensitiva de unha desmemoriada son as chaves do meu traballo. É a repetición, o xogo, o alento en pequenos telóns metidos dentro de caixas. Son páxaros atrapados ao vóo mentres enumero todas as cousas belas nos priegues das miñas mans e gardo o meu alento cando te falo. Bailo no teatro de cada día. Escribo as túas ausencias coa agua das túas flores, cántolle á roupa tendida mentres nadan os barcos de papel das miñas risas. Como o corazón dos páxaros, latexo febril e volátil, sen moita terra onde asirme, pero moitas sombras que atrapar."

Neves Seara (1983, Ourense), é licenciada en Belas Artes pola Univ. Europea de Madrid, especialista en escenografía e tamén en museografía. Na actualidade traballa como docente en artes plásticas.

Fonte: Galería 9THE13