Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Nico Munuera. Frame

Atalaia

Nico Munuera. Deepbluered II. 2008. Acrílico sobre tea, 180 x 200 cm
> Nico Munuera. Frame
Datas: 25/03/2011 - 27/05/2011

Artistas

Nico Munuera

Descrición

A Galería Ana Vilaseco presenta o traballo máis recente de Nico Munuera (Lorca -Murcia-, 1974). A selección de obra que conforma Frame levóuna a cabo o propio artista, procurando a súa adecuación ao espazo expositivo da galería. Munuera traballa na abstracción creando barridos de cor de trazado horizontal cheos de inspiradores matices. A partir de 2008 coa serie No Flags aparece a verticalidade na súa obra. Mostra de todo isto pode verse na exposición a través de pezas como Ribbon 3 ou The Silver no Flag.

Parafraseando palabras do propio artista, a obra de Munuera baséase nunha “relación coa pintura directamente desde a pintura, da súa diferente luz, intensidade, tono, transparencia, etc… Toda esa pintura está aí contida, mantense nun equilibrio ás veces fráxil e dá a sensación de poder ser cambiante nun momento determinado.”

Fonte: Galería Ana Vilaseco