Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Nono Bandera. 500 m2 de lienzo y 300 kilos de pintura

Atalaia

Nono Bandera. This & That #5. 2003. Rotulador sobre papel e cinco fotografías a cor enmarcadas. Cortesía do artista.
> Nono Bandera. 500 m2 de lienzo y 300 kilos de pintura
Datas: 01/03/2012 - 15/04/2012

Artistas

Nono Bandera

Descrición

A singular traxectoria artística de Nono Bandera (1958, Málaga), sempre depara sorpresas e retos para calquera espectador, e esta mostra no Kiosco Alfonso da Coruña, co seu elocuente título, 500 m2 de lenzo e 300 kilos de pintura, ofrece unha nova oportunidade de achegarse a súa particular imaxinería e ao seu continuo pulo por converter a visita ás súas exposicións nunha experiencia que pulsa os resortes máis entusiastas e iconoclastas ao mesmo tempo.

Segundo as súas propias declaracións, "a planta baixa da mostra é unha adaptación dunha serie nova, titulada Zweifel (Incertidume en alemán), que expusera recentemente na miña galería habitual, a madrileña Espacio Mínimo. Na planta darriba hai de todo como en botica, obras de almacén, algunhas inéditas ou que nunca se expuseron, ademais de dúas series novas: Paperweight (pequenas esculturas de prata), e Sumergidos, de 2012."

En relación ao peculiar título da mostra, Nono Bandera móstrase agradecido e explícito: "é un chiscadelo á memoria do meu pai, que era pintor. Un día preguntáronlle canto tempo tardara en pintar un cadro de grandes dimensións que viña de asinar. El contestou, moi laconicamente: "65 anos". Xusto a idade que cumprira aquel mesmo día. Supoño que o meu pai estaba convencido de que só pintara un cadro ao longo de toda a súa dilatada vida de pintor. Convencido de que a última pincelada de cada xornada no taller non era máis que o resultado dunha aprendizaxe vital que non podía medirse coas agullas dun reloxio. Daquela, esta mostra do Kiosco Alfonso está ideada como unha soa peza que se ten reproducido a si mesma como unha bacteria infeciosa. Unha obra comezada con Lección de anatomía -o meu primeiro cadro repintado, do ano 1996-, e que se vén prolongando no tempo, durante dezaseis anos, agora con Estrellas mojadas (2012), da serie Sumergidos, empregando para todo esta traxectoria Quinientos metros cadrados de lenzo e trescentos kilos de pintura. Kilo arriba, kilo abaixo... Tampouco imos ser tan exactos."

Nono Bandera vive e traballa entre Madrid -vinculado á Galería Espacio Mínimo-, e Pontevedra, onde desenvolve unha prolífica actividade desde a Facultade de Belas Artes.

Fonte: Atalaia / Nono Bandera