Atalaia

Tamara Feijoo. Zapaticos del Señor. 2013
> O bosquexo do mundo
Datas: 13/03/2014 - 25/05/2014

Descrición

O bosquexo do mundo coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia e a Fundación Luis Seoane, que ofrece a posibilidade dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e trae ao museo un conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes que, como pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta as creacións. Unha aposta polas mostras de produción propia extensible aos tres centros, como nova experiencia de coprodución e de traballo en rede.

Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados. Así, xunto a obras en distintos soportes, a mostra componse sobre todo de apuntamentos, bosquexos, e pezas inacabadas. O bosquexo do mundo trae ás salas da Fundación Luis Seoane un conxunto de útiles e documentos —obxectos, cadernos de notas, esquemas, recortes de prensa, vídeos, fotografías, repertorios de imaxes, textos propios e alleos, xestos e materiais atopados...— que se sitúan na base ou, por así dicir, na zona de influencia de cada artista, do seu quefacer e da súa particular visión do mundo, e conta asimesmo cunha selección de debuxos de Luis Seoane pertencentes á colección institucional non incluida nas montaxes anteriores.

Fonte: Fundación Luís Seoane

O bosquexo do mundo no MARCO (Vigo)