A exposición está composta por trinta pezas, algunhas de grande formato, que supoñen unha reflexión sobre a abstracción resultante da combinación e manipulación de parabrisas reutilizados de automóbiles e camións. Proposta onde o artista Pepe Galán (A Coruña, 1955), ademais de integrar os obxectos reais, os pendura ou ben os introduce en recipientes de aceiro.
En palabras de Camilo Franco: "... o artista explica con contundencia que o presente ten a transparencia rota. Hai marcas do tempo que se miran e hainas que se aprecian (…) Por iso a obra de Galán está máis afortalada pola razón que pola memoria. É máis unha obra de acción que de refresco coa que o artista reta ao espectador a entender, a xogarse a interpretación sen esperar a resposta establecida (…) As figuras pechadas que describe o artista teñen datas e as inscricións non modifican o seu carácter senón que reafirman esa vontade de levar aos espectadores ao territorio da ocupación histórica…"
Fonte: Galería Clérigos