Atalaia

Olmo Blanco, Sen título, 2011. Acrílico sobre lenzo
> Olmo Blanco. Instalodecoracións
Datas: 09/06/2011 - 09/06/2011

Artistas

Olmo Blanco

Descrición

A linguaxe de Olmo Blanco (Santiago de Compostela, 1982), licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, cuestiona a oferta da sociedade de consumo mediante subtís formulacións que transcenden o convencionalmente estético. Nun laborioso proceso de traballo baseado na repetición de códigos ornamentais, o debuxo desenvólvese no espazo facendo referencia a esquemas decorativos de tipo xeométrico, relacionados coas decoracións clásicas e reflexionando sobre cuestións como a asimilación de influencias externas, a pobreza ou o falso luxo, a artesanía e a arte, a versión e o orixinal ou o pasado e o presente. Deixa clara a súa negación ante as posicións de poder e ridiculiza calquera valor establecido. Define as súas Instalodecoracións como copias pobres da riqueza. Lixo disfrazado.

Fonte: Galería Metro