Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Pablo Genovés (Madrid, 1959) é un dos fotógrafos españois de maior recoñecemento internacional. En 1986 instálase en Londres e inicia a súa actividade creadora para, posteriormente, instalarse en Berlín. A partir dos anos 90 numerosas galerías empezan a expoñer a súa obra, na que traballa coa manipulación digital da imaxe. Gran coñecedor da historia da fotografía, o seu proceso de traballo iníciase coa apropiación de antigas imaxes en branco e negro sobre as que intervén para crear efectos de gran potencia plástica.
Fonte: MAC