Atalaia

> Paisaxes [Fondos do CTB]
Datas: 30/10/2010 - 09/01/2011

Descrición

Con motivo do VII Encontro de Defensa do Patrimonio, e baixo o lema Mirando Ferrol, a entidade catalá SOS Monuments elixiu a cidade ferrolá para celebrar -os días 8, 9, 10 e 11 de outubro do 2010- unhas xornadas das que o principal obxectivo era redescubrila e ser conscientes de como a súa estratéxica localización xerou unha tipoloxía urbana totalmente novidosa, representada no Barrio da Madalena. A arquitectura da cidade de Ferrol compleméntase coa beleza da súa paisaxe, coa ría como principal protagonista.

O Centro Torrente Ballester contribuíu á celebración destas xornadas mostrando, na Sala Máximo Ramos, unha serie de paisaxes pertencentes aos seus propios fondos para axudar aos asistentes a entender as transformacións que sufriu a cidade e os seus arredores nas últimas décadas. Porque somos conscientes de que un coñecemento en profundidade do pasado é o mellor xeito de construír e de previr no futuro.

Fonte: Centro Torrente Ballester