A Fundación RAC -Rosón Arte Contemporánea-, presenta a mostra Paradox of the Dark. Filipa César / Rui Toscano, dous artistas portugueses que traballan coa galería lisboeta Cristina Guerra. A mostra, concibida como un xogo sobre o non resolto, quere reflexionar sobre cómo o espazo físico e social detenta, entre as súas características máis esenciais, a súa absoluta capacidade de cambio e transformación, o seu estado de tránsito. A materia que conforma a dimensión espacial muta, dando lugar a fenómenos como o Big Bang, posible orixe do universo, ou, nun sentido más próximo, asume cambios determinados polas actuacións do social sobre ela. En relación a esa mutación primeira e continua do universo traballa Rui Toscano (1970, Lisboa), presentando imaxes que evocan a presenza da materia e a súa ordeación precisa no universo mediante a diferencia creada polos espazos de ausencia. Pola súa parte, Filipa César (1975, Oporto), indaga sobre os cambios espaciais derivados das estruturas sociais, presentando un re-mostreo do espazo urbano e os seus cambios en consoancia co devir dos feitos históricos.
Fonte: Fundación RAC, Pontevedra.