Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Pedro Solveira. O eterno comezo

Atalaia

Vista da exposición
> Pedro Solveira. O eterno comezo
Datas: 05/06/2015 - 05/07/2015

Artistas

Pedro Solveira

Descrición

Esta retrospectiva do artista vigués recolle arredor de 170 obras producidas desde 1944 cando realiza estudos de litografía e litografía industrial, practicando técnicas sobre cromado, niquelado e pavonado. Tras unha estancia en París, opta por unha técnica “pintura ó esmalte sobre ferro cicelado” coa que desenvolve a súa obra figurativa. Estuda co seu amigo o gran arquitecto José Bar Boo o “modulor” de Le Corbusier, a quen coñecera en París, que máis tarde aplicará como sistema de medidas. A súa obra irá pasando por diferentes fases. Deriva na evolución da súa técnica á “oxidación sobre ferro cicelado” e adéntrase fundamentalmente en el mundo del espazo.

Na década dos 90 mergúllase en procesos de creación coma o grattage, dripping, collage, frottage… Elixe a madeira como soporte nunha obra de nova concepción constructivista. Aplica ácidos, sílices, carborundum. Centos de maquetas en cartolina ou madeira son reflexo de novos proxectos. Aparece a súa obra en metacrilato como soporte de baleiro para formas de gran perspectiva. Incorpora espellos con diversos azougues e outros materiais.

En 2006 incorpora á súa obra outro material: PVC. Na actualidade segue traballando nos seus estudios de Vigo e A Guarda.

Fonte: Museo de Pontevedra