Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Artistas: Hans Hemmert / Chema Madoz / June-Bum Park / Miguel Rothschild / Diego Santomé / Peter Wüthrich.
A influenza do cine sobre a arte estática é decisiva para a introdución do humor, de aí que quixésemos completar unha visión cinematográfica dende a colección do CGAC, con esta pequena homenaxe ao humor na arte. Coa introdución da acción cómica, o cine descobre unha estratexia novidosa para tal fin: o gag, que significa algo así como amordazar, poñer algo na boca que impida falar. A relación deste significado coa acepción do gag no humor, ten bastante que ver, no sentido de que o gag evita dicir todo o necesario para poder lograr a sorpresa. Como o chiste, que di o que ha dicir en menos palabras das necesarias, o gag exhibe o factor sorpresa como elemento principal da súa estrutura facendo recapacitar á arte sobre a súa propia esencia e a liberdade de permitirse a sorpresa do proceso creativo que fai á obra desviarse cara a unha resolución incerta. Porque explotar o enxeño e arrincar o sorriso nun mundo artístico tan inclinado polo sinistro non é tarefa doada, e a evolución do cine como sistema de representación vai ser fundamental para entender o xeito no que a arte estática vai introducir o humor, moitas veces dende a provocación, como sistema válido.
Fonte: Centro Torrente Ballester