La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi (1967, Olot, Girona), iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.
Ademais das catorce pinturas finais, La bandera en la cima tamén recolle, nun símil entre a documentación do alpinismo e as estratexias documentais de arte conceptual, os rastros do seu proceso en debuxos, fotografías, películas ou carteis, moitos deles realizados en colaboración con outros creadores.
Fonte: CGAC