A sombra relacionouse desde sempre coa arte, mesmo cando se afirmou que a orixe da pintura manifestarase por vez primeira ao circunscribir a silueta da sombra dun home. (…) Esta rexión escura non tocada pola luz, ou negativo da mesma -que á súa vez é mencionada por Platón na República para describir a parábola da caverna onde homes encadeados desde a nenez nunha morada subterránea só acadan ver as sombras da realidade proxectada sobre un muro-, é un dos elementos protagónicos na obra da artista brasileira Regina Silveira (1939, Porto Alegre, Brasil), quen descubre a potencialidade das sombras e da súa poética a partir das propiedades elásticas das mesmas.
Mediante o emprego do recurso da anamorfose (s. XVI) , entendido como a representación dunha imaxe de perspectiva distorsionada, Silveira encargouse de recrear outra intelixencia da mirada que xorde do cuestionamento da perspectiva como construción xeométrica e racional do espazo. (…) Gracias á perspectiva, a arte elevárase a ciencia e "a impresión visual subxectiva racionalizárase ata o punto no que podía servir para a construción dun mundo empírico sólidamente fundado" cuxas estruturas Regina Silveira manipula mediante a deformación das súas sombras como un instrumento para producir fantasía e alucinación. (…) A obra de Silveira recrea espazos metafísicos onde un simulacro opaco achégase con ironía ao espazo, mentres pon en cuestión ao obxecto, que na maioría dos casos non está nin presente, xa que "a ausencia se reivindica na súa obra como unha presencia poderosa."
Neste xogo de sombras inmóviles e as súas recentes exploracións sobre a luz, a artista participa da ampla sensibilidade que lle é particular á arte contemporánea brasileira, que nas últimas décadas caracterizóuse polo seu conceptualismo, dimensión socio-política e resonancia emocional, reivindicando fundamentalmente a experiencia e o carácter perceptivo do espectador.
Graduada en artes visuais na Universidade de Río Grande do Sul, MA e PHD da Universidade de São Paulo -cidade onde reside-, a obra de Regina Silveira nace da indagación sobre o mundo da luz e da sombra, adopta estas paradigmáticas siluetas e efectos lumínicos en función da ambigüidade da perspectiva establecendo novas relacións entre verdade e apariencia. Na súa produción de sombras "por un lado, existe a imaxe de obxectos na que a sombra proxectada sobre eles os transforma; doutra banda, os obxectos que non están presentes, pero dos que a sombra constrúe a súa presencia; e noutro caso, a presencia de obxectos reais que son desmentidos pola sombra". Asimesmo, esta artista multimedia explora progresivamente diversas apropiacións do espazo, desprazando o seu traballo desde o ámbito interno de galerías e museos ata intervencións en lugares específicos e instalacións monumentais en espazos urbanos.
"O ollo suma perspectivas", frase pronunciada por Regina Silveira e que cuestiona o punto único de visión, concede ao espectador a posibilidade de moverse polo espazo coa fin de alterar a representación destas siluetas escuras, coas que constrúe e reconstrúe as posibles formas de mirar algo. Neste uso perverso da perspectiva, influenciado pola critica retiniana de Marcel Duchamp e os estudos anamórficos de Leonardo Da Vinci e de Jurgis Baltrusaitis, mediante a metáfora da sombra, os diferentes ángulos de visión confiren ao ollo a deformacion da imaxe e abren novos espazos perceptivos nos que se alude ao mundo das apariencias e cuestiónase aquilo que coñecemos como realidade.
Texto extraído do grupo de Guías Biblioteca Luis Ángel Arango. Autores: Andrea Costa e Claudia Quirancho.
Fonte: Galería Vilaseco Hauser