Retratos e silencio (Case Branco) é unha exposición que recolle o traballo de Marta Cerviño e Maya Kapouski, Estas dúas artistas, novas e cosmopolitas, traballan coa fotografía creando relatos visuais que se esquivan e se complementan. Nas súas imaxes podemos rastrexar certa escenografía do espazo doméstico, o impulso do diario e cada unha a súa maneira, un retrato xeracional.
Fonte: Sala X