Rodrigo Muñoz (Tanger, 1950) expón as súas obras por primeira vez en Galicia e faino cunha escolma dos seus últimos traballos do 2012.
Pouco queda da obra que o coronou como debuxante da movida madrileña en 1983: Manuel. (...) Nestes 30 anos, Rodrigo Muñoz cambiou a paisaxe urbano, tan vencellada á movida, polo rural. Agora interésanlle as paisaxes nas que xa non aparece a figura humana e, se o fai, é como pegada, a través de obras de inxeniería ou ruinas. Son escenarios soedosos nos que a natureza e a arquitectura incomodan ao espectador polas súas dimensións. Como si dun pintor do Romanticismo se tratase, carga fortemente de melancolía as súas obras, consideraas unha proxección do seu estado de ánimo e séntese asoballado pola inmensidade da natureza fronte a el, fronte ao ser humano.
Porén, as súas paisaxes son realistas e considérase un namorado do Realismo do século XX: Ramón Casas, Joaquín Sorolla, Antonio López e Edward Hopper son os seus principais referentes, alonxándose, así, do fantasioso e do sublime do Romanticismo. (...)
Dos seus últimos traballos salientan os realizados nas estacións de metro de Madrid: Estación Reis Católicos, Estación Metro Aeroporto Baraxas, Estación Colombia e, nomeadamente, o mural de 120 metros de lonxitude da Estación Novos Ministerios.
Texto: Isabel Gómez
Fonte: Galería Clérigos