Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Toporgrafías é una exposición que amosa parte do inabarcable universo do artista francés Roland Topor (París, 1938-1997). Quizáis calificalo como artista a secas sexa neste caso un tanto reduccionista, xa que Topor era ilustrador, debuxante, deseñador de carteis, novelista, gravador, autor de cómics, compositor de cancións, dramaturgo, actor ocasional, realizador de debuxos animados, caricaturista, escenógrafo e deseñador de vestuario, entre outras moitas actividades desenvolvidas ao longo da súa existencia.
A increíble multiplicidade de Roland Topor como creador vese representada en Toporgrafías, grazas a un conxunto de pezas que percorren parte da súa obra gráfica a través dunha escolla de gravados, carteis, libros e revistas, figuríns e pezas audiovisuais que ofrecen unha visión coherente dun autor que sempre suscitou a admiración tanto do público en xeral como dos máis grandes artistas da súa época. Non en van, Federico Fellini, para o que fixo unha serie de debuxos para a linterna máxica da súa película Casanova, cría que Topor era “(...) o último representante daqueles grandes ilustradores como Blake e Daumier, Doré e Carlo Chiostri, capaces de crear un universo completo descrito ata o máis mínimo detalle”.
Fonte: Fundación Seoane