O traballo de Rosa Muñoz (Madrid, 1963), concíbese no contexto da imaxe construida, tan enraizado na fotografía contemporánea. Lonxe de querer mostrar unha intención narrativa, centra a súa atención na idea de escenario de dúas maneiras diferentes: mediante a introducción de attrezzo en espacios naturais, ou a través da descontextualización dun elegante mobiliario instalado nos bosques. É así como Rosa Muñoz obtén eses resultados dunha atmosfera acusadamente barroca, cunha iluminación moi precisa que converte o lugar en algo semellante a un decorado de cine e non soamente na súa apariencia física. Nas súas fotografías pálpase ese aire transitorio, a certeza de atopar un escenario efémero e ficticio.
Fonte: Galería Moret Art