A exposición O dobre da metade de Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978) supón a primeira presentación ampla do seu traballo en España amosando o avance da tecnoloxía e a procura das novas formas de presentar.
A mostra reúne un total de sesenta obras que constatan momentos irrepetibles e detidos que poden ser lidos como sinxelos exercicios de física ou mecánica que cuestionan a percepción do espazo visual. Entre fotografías, vídeos, esculturas e instalacións atopamos cinco grandes obras que o artista galego modificou e adaptou específicamente para as salas do MAC, como A clase mar, Pes de chumbo, On the Edge of Water ou Soplar.
Fonte: MAC (A Coruña)
Vídeo inauguración da exposición