Atalaia

Rubens Mano. (esq.) Let’s Play. 2008. Fotografía en papel de algodón sobre tintas minerais. 105 x 71 cm. / (der.) Conforme súa posição. 2012. Instalación corte de madeira. Dimensións variables.
> Rubens Mano. Inestimable
Datas: 22/03/2012 - 26/05/2012

Artistas

Rubens Mano

Descrición

A mostra Inestimable, a primeira individual en España de Rubens Mano (1960, São Paulo, Brasil), configúrase como o desdobramento dun percorrido no que o artista investiga cuestións referentes á constitución de lugares, á transformación do espazo en imaxe e as mediacións entre a arte e a súa audiencia. En accións anteriores, Mano centrouse nos espazos das cidades, tratando de recuperar o sentido do lugar como encontro ou esfera susceptible de apropiarse/activarse por aqueles que frecuentan eses espazos.

Nesta exposición, a investigación dedícase a certos aspectos da esfera da arte, presentando un conxunto de traballos que aluden á propia natureza da creación artística. Deste xeito, a mostra plantexa dimensións relacionadas coa inscripción da arte no mundo e a súa presenza nun contexto no que o condicionamento das accións humanas acaban por determinar certo automatismo na produción de espazos.

Para acentuar parte das cuestións implicadas, a propia comunicación e divulgación da exposición foron involucradas no proceso de creación. Así, o artista e a galería optaron por non revelar as obras que estarán presentes na exposición, agás as fichas técnicas e o concepto da produción.

Fonte: Galería adhoc