Atalaia

Rut Massó. Retrato en muro. 2012
> Salvador Cidrás - Rut Massó. Transcursos #1
Datas: 09/02/2012 - 16/03/2012

Comisariado

Mar Caldas

Descrición

Salvador Cidrás (Vigo, 1968) e Rut Massó (Vigo, 1970), son os encargados de inaugurar este novo ciclo de exposicións da Sala X, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, coordinado por Mar Caldas.

Os dous son artistas formados na primeira promoción da Facultade de BB.AA. de Pontevedra, e contan xa cunha recoñecida e dilatada experiencia, tanto en Galicia, no resto de España como no estranxeiro, especialmente en Alemaña.

Pinturas, debuxos e outros soportes constitúen as obras expostas por Massó e Cidrás, nun continuado proceso de busca de identidades e configuracións de rostros, corpos e outras paisaxes que veñen caracterizando as súas respectivas traxectorias artísticas.

Fonte: Atalaia