Atalaia

Vista da exposición
> Sandra Cinto. En silencio
Datas: 16/10/2014 - 12/12/2014

Artistas

Sandra Cinto

Comisariado

David Barro

Descrición

En Silencio é unha instalación site-specific obra da artista brasileira Sandra Cinto na que recrea un gabinete de traballo, un lugar do que o creador está ausente pero no que se evoca a dureza e vacuidade do acto creativo mediante a presenza dunha mesa fronte a que a artista sitúa un violonchelo sobre unha pila de libros, dominados ambos os dous elementos por unha montaña de papel, restos de partituras inacabadas que nos remiten ao sufrimento do esforzó repetitivo do artista ao que se invoca como unha especie de Sísifo involuntario que non consegue superar o seu sacrificio auto imposto. O mesmo que no resto das obras de Cinto, o debuxo actúa como fío conductor da proposta, enlazando as liñas delicadas que percorren a madeira que da forma ao contrabaixo cos pentagramas debuxados sobre as partituras que se van acumulando sobre o piso da sala, e con outros de enormes proporcións que cubren as paredes. A neutralidade cromática da proposta, así como o carácter estático que impregna a representación da noción de creación, espertan no espectador sensacións de estraneza e provocan ao mesmo tempo neste unha perda de referencias espazo-temporais, o que acentúa o carácter onírico e irreal do conxunto.  

En Silencio é un proxecto realizado grazas á colaboración da Fundación Luis Seoane de A Coruña e a sala Matadero de Madrid.

Fonte: Fundación Luis Seoane

Sandra Cinto. En Silencio. Zigzag Diario. TVG (11/11/14)