Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Esta proposta toma como punto de partida a investigación téxtil e o seu desenvolvemento no espazo, baixo a influencia surrealista granelliana, establecendo un diálogo aberto onde o espectador atopa o sentido dunha maneira activa diante da obra.
As pezas realizadas no Laboratorio Téxtil da Universidade de Vigo, en colaboración co técnico en punto tricot Jose Bravo, supón unha reflexión sobre o espazo e o movemento, creando estruturas específicas para o espazo expositivo, vinculadas ao intrincado proceso creativo de Granell, baseado no automatismo.
Sara Coleman, artista multidisciplinar, estuda Artes Plásticas aplicadas ao Deseño de Moda (Técnico Sup. en Artes Plásticas e Estilismo de Indumentaria) ademais doutras titulacións: Máster en Xestión de Moda, Experto Universitario en Formación, Cultura e Xestión de Moda, Ilustración Experimental no Central Saint Martins, Técnico en Patronaxe e Escalado Industrial e Deseño de vestiario para Artes Escénicas. Na actualidade cursa o Grao en Belas Artes (Facultade BB AA de Pontevedra).
Fonte: Museo Fundación Eugenio Granell