Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Este seminario desenvólvese no marco do proxecto de investigación Canles alternativas de creación experimental. O eixo atlántico (1975-2012) levado a cabo polo grupo de investigación Arte e Estética Contemporáneas, da Universidade de Santiago de Compostela, e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. O seu obxectivo é aproximarse a propostas alternativas que se están a desenvolver e desenvolveron en Galicia e no norte de Portugal dende os anos setenta ata a actualidade. Esta edición dá continuidade as dúas anteriores, de carácter máis teórico e histórico, que tiveron lugar na primavera de 2011 e 2012, e supón o peche deste proxecto. Unha das premisas desta edición é dar voz a diversos membros im-pulsores de iniciativas heteroxéneas que traballan dende as minorías, alleas ou á marxe das institucións. Contaremos con creadores e xestores, axitadores culturais vinculados á arquitectura, ás artes plásticas, audiovisuais, multimedia e escénicas, e á creación e investigación musical e sonora, que nos amosarán diversos modelos de traballo autoxestionados, autónomos e independentes. Éstes completaranse e dialogarán con outros proxectos que abranguen a ilustración, a edición e o videoxogo. Partindo das súas experiencias, compartirán as súas metodoloxías de traballo e financiación, para xerar diálogo sobre os problemas e retos ós que teñen que facer frente. Esta achega e reflexión crítica permitiranos afondar na realidade múltiple e porosa destes proxectos.
Programa:
10h. Presentación do seminario a cargo de Arantxa Pérez Indaverea e Lucía Romaní, investigadoras da USC e da UVIGO
10.15-11.15 h. Marc Maurer. Arquitecto, co-fundador de Maurer United
11.15-11.35 h. Unión, Acción, Autoxestión! Construíndo unha alternativa profesional crítica. Xiao Varela Gómez e Carolina Jack Lago. Arquitectos, membros da cooperativa Hábitat Social
12-12.20 h. O Liceo Mutante, inquedanzas autoxestionadas. Xose Lois García. Presidente e socio fundador do Liceo Mutante
12.20-12.40 h. Apuntes desordenados: algunhas prácticas artísticas de transformación do sistema. Alexandre A. R. Costa. Artista, comisario independente e docente no Ensino Superior Politécnico
12.40-14h. Debate moderado por Arantxa Pérez Indaverea coa participación de Vanesa Castro e Iñaki López (Fur alle falle), Fernando Prieto (Gato Salvaje), Bernal Prieto e Roque Romero (Barbamigos)
16.30-17.30 h. José Andrés Fernández. Membro da asociación e editor do sello ARSGAMES
17.30-17.50 h. O persoal é político: Subverter o establecido. Araceli Davila e Rubén González. Historiadora da arte e artista, fundadores de La Caja
18.20-18.40 h. A memoria na experiencia da música en directo. Julio Gómez. Historiador, investigador sonoro el co-director de Sinsal Audio
18.40-19h. Saín da panadería e atopeime cun acelerador de creatículas. Laura Villaverde e Roi Fernández. Actriz e artista multimedia, directores de Espazo Extramuros
19h-20.30 h. Debate moderado por Lucía Romaní coa participación de Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez (A Artística), José Manuel Tubío (Axoúxere), Manuel Suárez e Álvaro Álvarez (Desconcierto Cultural)
Lugar: Centro de Estudos Avanzados, Parque de Vistalegre. Rúa Salvadas s/n. Santiago de Compostela
Dirección e coordinación: Arantxa Pérez Indaverea (USC) e Lucía Romaní (UVIGO)
Investigadora principal do proxecto: María Luisa Sobrino Manzanares (USC)