Xenocidio, paisaxe, memoria reúne máis de 60 fotografías pertencentes a distintas series fotográficas, cada unha delas adicada a retratar a destrucción e a ruina provocada por un conflito bélico: Afganistán, Bagdad, Bosnia, Beirut, Israel ou Palestina entre outros. Todas estas imaxes forman parte dun proxecto máis amplo, hoxe todavía en progreso, titulado Et in Arcadia ego.
Simon Norfolk (Lagos, Nixeria, 1963) estudou Filosofía e Socioloxía nas universidades de Oxford e Bristol. Despois de realizar estudos de fotografía documental en Newport, Gales do Sur, traballou para varias publicacións ata 1994, ano no que abandona o fotoxornalismo e comeza a centrarse na fotografía de paisaxe. Ten publicado varios libros entre eles: For Most Of It Have No Words: Genocide, Landscape, Memory (1998), Afganistán: Chronotopia (2002) co que gañou o European Publishing Award for Photography ou Sangre (2005).
Fonte: MAC (Museo Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa) / Atalaia
Catálogo exposición Xenocidio, paisaxe, memoria