Mostra colectiva con traballos de nove artistas seleccionadas pola comisaria Susana Blas, presentados nas salas dos Espazos Antigo e Novo, no Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol.
Artistas: Maria Cañas / Rita Rodríguez / Verónica Eguaras / Susanne Jirkuff / Anetta Mona Chisa & Lucia Tkacova / Marinella Senatore / Tere Recarens / Estíbaliz Sadaba / Esther Achaerandio.
Ficcións irónicas, sarcasmos performativos, xogos de palabras, sabias parodias, tristes hipérboles. O humor como arma de reflexión, como crítica política. Nove vídeo-catarsis. O humor como espazo desestabilizador creador de ficcións. A ironía como azote do políticamente correcto, como semente de esperanzas de diálogo.
A caducidade de certos estereotipos culturais, a degradación do espazo público, a perda de valores, a pervivencia do machismo no mundo da cultura, a loita pola supervivencia nun contexto inxusto; son algúns dos asuntos dos que tratan os traballos das artistas seleccionadas. Sorrisos desestabilizantes que xeran reflexión, impotencia, rabia… que en ocasións… remata en bágoas.
Fonte: Centro Torrente Ballester