A obra de Stefan Kleinhanns (Munich, 1965), debátese entre a realidade e a ensoñación, un universo poético propio construído a base de capas que se superpoñen ata chegar a revelar o instante preciso. Unha historia suxerida, un momento capturado no que parece revelarse unha verdade metafísica que o asolaga todo, deixando o tempo detido, en silencio.
Podemos recoñecer rostros familiares nas figuras que poboan algunhas das súas obras: estrelas do cine, músicos, autores literarios…, seres que pertencen ao noso imaxinario colectivo, que forman parte da nosa realidade malia que teñan que estar nun plano próximo á ficción.
O instante conxelado permítenos observar os detalles, imaxinarnos o antes e o despois, ábrenos unha porta a través da que poder entrar no particular universo de Stefan Kleinhanns.
Fonte: Galería Vilaseco Hauser