Atalaia

Suso Basterrechea. BOOOOOOOOOM!. 2011. Técnica mixta sobre papel. 110 x 80 cms c/u
> Suso Basterrechea. El amor... en un coche bomba
Datas: 27/01/2012 - 03/03/2012

Descrición

Suso Basterrechea (1968, Ferrol), é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Sevilla, e nesta a súa primeira exposición individual na cidade de Santiago presenta unha serie de debuxos concibida como conxunto, expostos en formato acumulativo, conformando un discurso complexo, irónico e confuso. Inspirados tanto na historia da arte contemporánea -con alusións directas a Joseph Beuys, Franz West, Martin Kippenberger, Maurizio Cattelan, mesmo a Goya-, como na realidade social e política -a demoledora recurrencia pola estatua ecuestre do ditador Franco-, ou en pasaxes autobiográficas, a maioría dos traballos están realizados con tinta, témpera e esmalte sobre papel. O conxunto da mostra complétase cunha pintura mural, escultura e unha instalación.

Suso Basterrechea representa á Galería Metro na edición da feria Art Madrid que se celebra do 16 ao 19 de febreiro de 2012 no Pavillón de Cristal da Casa de Campo de Madrid.

Fonte: Galería Metro

Links: Directo ao público. Crítica sobre a exposición a cargo de Xosé Manuel Lens

Suso Basterrechea en Espacio de Arte (Correo TV. 16/02/2012)