Umbral propón unha lectura aberta dos últimos traballos do arista Teo Soriano a través de 14 pezas, incluidos dípticos e polípticos, realizadas en materiais de diversa factura e, moitos deles, atopados, como a madeira, o aluminio, o cemento e o papel, traballados despois con toda clase de pinturas e pigmentos: óleo, acuarela, acrílico, esmalte etc. A exposición abre un abano de posibilidades, de novos camiños nos que cada obra se lle ofrece ao espectador libre de maquillaxe e cada peza define un espazo sempre a piques de anular a fisura entre o soporte e a imaxe.
Teo Soriano utiliza a abstracción como procedemento; unha abstracción orientada aos conflitos de definición da natureza da imaxe que se intúen nas súas pinturas como campos de cor, na súa reivindicación da pintura como medio de expresión.
Fonte: Xunta de Galicia
Entrevista a Teo Soriano en Zigzag diario (TVG)