Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
(the) everyday

Atalaia

Adán Vallecillo. Amantes imperfectos. 2012. 4,5 x 4,5 cm. Estuche y pilas gastadas.
> (the) everyday
Datas: 27/02/2013 - 30/04/2013

Descrición

 

(the)everyday pretende estender un diálogo crítico que traspase o albor físico da galería, presentando unha proposta articulada entorno ao cotián e invitando ao espectador a reflexionar sobre situacións, circunstancias ou elementos que definen a rutina de cada día. Observar máis alá da realidade, ver o que non é posible ver, sentir o que está aí presente pero que necesita dunha activación externa para aflorar, dar visibilidade ao que permanece invisible, pero que en realidade non o é.

A sociedade na súa dinámica cotiá anestesía o noso día día, incapacítanos para sentir ou mesmo comprender o significado real do que facemos e dalgún modo impídenos ser conscientes da importancia das nosas accións. A rutina cega, dificulta ver cara a onde nos encamiñamos, e a aqueles que caeron nunha espiral de repetición sen sentido os fai aínda máis difícil decatarse da importancia dos seus actos.

Dor, morte, amor...palabras que parecen perder o seu significado ocultas polo veo da cotianidade. Afacémonos a iso: habituámonos a ver as miserias e marabillas do mundo a noso arredor, sen máis. Somos os espectadores dunha ficción que nos prevén dos sentimentos; daquilo que importa, intentamos, sempre, fuxir.

Os medios de comunicación, ubicuos, exercen un efecto narcótico sobre o impacto do real; vivimos a través das vidas alleas, a través dos desexos e tamén das ansiedades dos outros: a nosa vontade reséntese e debilita e a nosa vida; mentres tanto, vaise.

 

Fonte: Galería PM8