Artistas: Albano Afonso / Efrain Almeida / Tonico Lemos Auad / Brígida Baltar / Felipe Barbosa / José Bechara / Cabelo / Sandra Cinto / Paulo Climachauska / Marcos Chaves / José Damasceno / Dias & Riedweg / Detanico & Lain / Iran do Espírito Santo / Marcius Galan / Marco Giannotti / Fernanda Gomes / Cao Guimarães / Lucia Koch / Jarbas Lopes / Rubens Mano / Marepe / Raul Mourão / Vik Muniz / Ding Musa / Ernesto Neto / Rivane Neuenschwander / Mariana Palma / Caio Reisewitz / Rosana Ricalde / Mauro Restiffe / Thiago Rocha Pitta / Valeska Soares / José Spaniol / Adriana Varejão / Laura Vinci.
Un total de 67 obras de 38 artistas conforman This is Brazil! 1990-2012, exposición colectiva celebrada conxuntamente nas salas coruñesas do Kiosco Alfonso e do Palexco. O plan da mostra pasa por conformar unha visión aberta do panorama brasileiro que permita, dunha banda, desfrutar das obras dalgúns dos artistas máis representativos das últimas dúas décadas e, por outra banda, contextualizar as situacións e características que axudan a definir o sentido calidoscópico e ecléctico da arte brasileira.
A idea máis xeralizada do que pode ser Brasil formulóuse desde a rexión sudeste, que tivo o poder político e económico, pero sobre todo o simbólico, do que se exportou como nacional para fóra de Brasil. A hexemonía do movemento moderno de São Paulo e Río de Janeiro, acompáñase coa creación dos museos de arte moderna das dúas cidades, ademais da Bienal de São Paulo a partir de 1950. A todo isto únese tamén a confirmación critica dos movementos do Concretismo e Neoconcretismo, así como os estatutos do 'moderno' e do 'brasileiro' en relación co 'rexional', que era cómo se definían as propostas procedentes doutras zonas do Brasil. Daquela, nesta mostra trátase de ampliar esa visión da arte brasileira e analizar as súas marxes e influencias a partir de obras dalgúns artistas salientables entre 1990 e 2012.
Fonte: Kiosco Alfonso