Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Val del Omar. A mecamística do cine

Atalaia

José Val del Omar. Laboratorio PLAT (1975-1982). Foto: Raúl Lorenzo Cano © Archivo María José Val del Omar & Gonzalo Sáenz de Buruaga
> Val del Omar. A mecamística do cine
Datas: 24/04/2015 - 30/08/2015

Comisariado

Cristina Cámara

Descrición

A obra de José Val del Omar (Granada, 1904-Madrid, 1982) é o resultado das súas facetas de inventor, poeta visual e cinemista. Con este neoloxismo Val del Omar quixo unir a actividade do alquimista e a do cineasta e definir deste xeito a súa orixinal aproximación ao cinema: a través da investigación tecnolóxica e dunha estética experimental propia.

Val del Omar inicia a súa actividade cinematográfica nos anos vinte, momento no que fai públicas as súas primeiras invencións técnicas, pero é nos anos trinta, dende a súa participación nas Misións Pedagóxicas —o proxecto de democratización cultural máis importante levado a cabo pola Segunda República—, como realizador de documentais e proxeccionista de películas, cando xorde unha fascinación polo cinema que o acompañará toda a súa vida. Tras a Guerra Civil, Val del Omar continúa as súas investigacións no campo da técnica audiovisual, especialmente do son, para retomar, xa nos anos cincuenta, o seu labor como realizador.

A exposición realiza un percorrido pola obra de Val del Omar a partir dun concepto que sobrevoa toda a súa traxectoria: a mecamística. Outro neoloxismo (creado a partir de “mecánica” e “mística”) co que o artista granadino se refería ao universo das máquinas, ás que se enfrontaba, do mesmo xeito que á realidade, cunha actitude mística, buscando ver máis alá do inmediato da tecnoloxía.

Fonte: CGAC

Folleto da exposición