Atalaia

Arpad Szenes e Vieira da Silva no seu atelier do Boulevard Saint-Jacques, París, 1949. Foto: Willy Maywald
> Vieira da Silva & Arpad Szenes. Traxectorias paralelas
Datas: 15/03/2012 - 06/05/2012

Descrición

Helena Vieira da Silva (1908, Lisboa – 1992, París), e Arpad Szenes (1897, Budapest – 1985, París), foron dous pintores unidos no traballo e na vida. As obras que conforman a exposición, recollidas tamén nun catálogo, pertencen á colección da Fundación Arpad Szenes-Vieira da Silva de Lisboa, creada en 1990 para a difusión da produción de ambos os dous artistas.

Medio centenar de pezas -28 de Vieira da Silva e 22 de Szenes-, articulan un discurso expositivo organizado desde un punto de vista cronolóxico que arrinca con dous cadros de 1930, ambos os dous retratos da pintora: un autorretrato e un retrato dela pintado por Arpad. A partir de aí comeza o percorrido, ao redor das súas traxectorias, que finaliza no caso de Vieira da Silva cun óleo de 1983 e, no caso de Arpad Szenes, cunha pintura de 1979.

Fundação Arpad Szenes-Vieira da Silva, Lisboa

Fonte: Novacaixagalicia Obra Social