Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Xaquín Chaves. Obra recente

Atalaia

Xaquín Chaves. Nebulados. 2010. Pigmentos/lenzo. 50x61 cm.
> Xaquín Chaves. Obra recente
Datas: 29/10/2010 - 07/12/2010

Artistas

Xaquín Chaves

Descrición

Esta é a terceira ocasión na que se pode ver o traballo de Xaquín Chaves (Vilaxoán, -Pontevedra-, 1959), na Galería Clérigos e nesta oportunidade o autor reuníu baixo o título de Obra recente un conxunto de obras que aportan continuidade á produción abstracta iniciada na década dos anos noventa. Un dos principais elementos diferenciadores desta obra que se presenta agora é  seu maior grao de nuez formal e tamén unha elaborada corporeización que o autor define como pel cromática.

As pinturas presentadas, tanto en grande como en mediano e pequeno formato, están orixinadas por un plantexamento claro no que a obra debe explicarse por si mesma e coa mediación da súa propia linguaxe e do seu how-made. Daquela, atopámonos cunha proposta que representa un paso adiante na evolución de Chaves, que consiste en rexistros máis minimalistas exentos de concesións, aínda que sempre no marco dunha decidida aposta pola pintura-pintura.

O de Xaquín Chaves é un proceso pictórico concebido sempre desde unha impronta emocional e cunha pulsión poética e musical que habita amplos campos cromáticos e ínsulas onde parecen aniñar recordos e sensacións propias da súa biografía visual e sentimental.

Fonte: Galería Clérigos