“Investigando posibilidades para a escultura... A intención é poética e múltiple... podo pensar no leste e no oeste, abstracto e figurativo, palabra e silencio, artista e modelo. Un evento como unha fase, como un lugar, como un diálogo: descricións sen un lugar. Un puzzle, un diálogo de cuestións e descricións. A paisaxe como calquera lugar ou como a im-posibilidade de chegar a casa. O amorfo e o concreto: un esforzo continuo para chegar á imaxe, densa e específica. A opulencia do misterio do visual; unha evocación fluida da erótica epiderme do mundo, brillante e clara.
O valor resonante da cerámica como linguaxe, historia e medio; como unha práctica artística única e mordazmente contemporánea, con referencias cruzadas a culturas, métodos e ideoloxías: a procura dunha linguaxe na que a intuición, o coñecemento e a paixón cohabitan en fráxil balance, explorando o significado e o lugar da arte no mundo.”
Fonte: Xavier Toubes / Factoría Compostela