ARTISTAS: Circa69 (Simon Wilkinson) / Bruno Humberto / Yael Karavan / Fredrik Lloyd / Fran Pérez (Narf) / Linda Remahl / Jonathan Swain / Matt Rudkin / Dolores Sánchez Calvo / Jim Sanders / Xelís de Toro / Bish / Ed Briggs / Chévere, Cía. de Teatro / Prue Waller.
Exposición de obras feitas por 14 artistas, ingleses e galegos, a partir dos textos do Libro das Pontes Invisibles / The Book of Invisible Bridges, de Xelís de Toro (Santiago de Compostela, 1962).
O libro das pontes invisibles é un poemario que inclúe un DVD con pezas doutros artistas, ingleses e galegos, que fixeron leituras propias dos textos de Xelís, entre eles Narf ou a xente da compañía de teatro Chévere. O resultado é un combinado de textos, pinturas, gravados, fotografías, vídeos e cancións, distribuido por Edicións Positivas. A obra contén 30 textos de Xelís de Toro, escritos en galego e traducidos ao inglés por John Rutherford. Eses textos foron tomados por varios autores internacionais de distintas disciplinas artísticas que participan coas súas obras de arte inspiradas nos escritos do poeta galego.
O proxecto responde ás mesmas inquedanzas primixenias de Xelís de Toro, un autor interdisciplinar que dende os seus inicios compaxinou e combinou a escrita co activismo artístico e cultural, a edición, a organización de eventos, a composición musical, a interpretación teatral, as performances... Sen ir máis lonxe, e para a presentación na Galería Metro deste novo libro de poemas, Xelís de Toro desenvolve unha performance acompañado pola soprano Mónica de Nut.
LINK: Performance de presentación do libro na Galería Metro. Vía redenasatv.
Fonte: Galería Metro