Atalaia

Xoán Guerreiro. Onde o camiño esvaécese. 2012
> Xoán Guerreiro. Rexistros do silencio
Datas: 18/01/2013 - 29/03/2013

Comisariado

Sara Donoso

Descrición

O Centro Torrente Ballester de Ferrol acolle novamente a obra Xoán Guerreiro (Xove, 1956). No 2001 xa participara na exposición colectiva Realismos?, comisariada por Bernardo Castelo. Nesta ocasión un total de 32 obras ocupan as salas do antigo Hospital de Caridade, entre elas varias inéditas, que ofrecen a ocasión de coñecer de primeira man unha completa traxectoria profesional.

Minucioso e constante, o seu traballo tradúcese no lenzo a xeito de expresión do común. O común referido á paisaxe galega, a vida que pulula a noso arredor, a pincelada do aire e a atmósfera, o encanto do cotiá. A xeito de autobiografía interpretada, Rexistros do silencio vainos descubrindo con cada temática un fragmento da súa propia individualidade que, á súa vez, se proxecta universal.

Fonte: Centro Torrente Ballester

Catálogo exposición