Ao longo do século XX, o ser humano achegou á bagaxe creativa da especie dous únicos novos códigos artísticos plenamente desenvolvidos: o cine e o cómic. Con certos elementos gramaticais en común, a súa sintaxe é, non obstante, moi diferente. A banda deseñada fixo da elipse narrativa, tanto textual como visual, celme e esencia da súa estrutura, e converteuse na máis elíptica das linguaxes manexadas polo home ata o momento. Nestes máis de cen anos, este medio depurou ferramentas expresivas altamente sofisticadas, cunha abraiante capacidade de suxestión e unha formidable potencia de penetración cultural e evolucionou en tres vías ben diferenciadas -e, en certo modo, neste século XXI, concorrentes-: europea, norteamericana e asiática.
España, a partir dos ano 70, e Galicia, a partir dos 90, teñen un lugar destacado no panorama globalizado do cómic. O colectivo multixeracional de artistas, autoras e autores que acadan recoñecemento e ven a súa obra difundida en numerosos países e linguas é máis que significativo.
A crítica teórica e a investigación universitaria sobre o cómic, a través de teses e traballos de doutoramento, comunicacións e informes en congresos, así como a publicación de ensaios e estudos en medios especializados, levan moito tempo sendo abondosas, fondas e rigorosas en Francia, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Xapón, etc. O desequilibro existente, tanto en Galicia coma no resto de España, entre tan potente e importante actividade creativa e tan exigua achega teórica ten que ser corrixido.
Programa da xornada:
10.00. Presentación da xornada. Interveñen: Ramón Villares (Presidente do Consello da Cultura Galega), Marisa Sobrino (Coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CdCG), e Miguelanxo Prado (artista, membro da sección e coordinador da xornada).
10.30. El cómic en la cultura visual contemporánea: de medio de masas a la narración gráfica actual. Ricardo Anguita Cantero. Profesor titular do Departamento de Historia da Arte e director do Centro de Cultura Contemporánea da Universidad de Granada.
11.30. Pausa
12.00. El arte de contar. Originalidad y peculiaridades del relato en viñetas. Antonio Altarriba. Catedrático de Literatura Francesa da Euskal Herriko Unibertsitatea, e Premio Nacional de Cómic 2010, como guionista de El arte de volar, co debuxante Kim.
13.00. Debate
17.00. La unicidad del lenguaje expresivo de la historieta. Juanjo Guarnido. Debuxante e autor, entre outros, de cómics da serie Blacksad.
18.00. A historieta galega: da conciencia política á conciencia artística. Gemma Sesar. Editora de El Patito Editorial e comisaria da exposición A historieta galega 1973-2008, celebrada no Auditorio de Galcia, Santiago, 2008.
19.00. Debate
M áis información e n: www.consellodacultura.org
Fonte: Consello da Cultura Galega