Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Organizadas pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega -coordinada por María Luísa Sobrino-, estas xornadas pretenden reflexionar e debater sobre o estado actual da arte contemporánea en Galicia da man dos seus protagonistas máis directos. Isto é, dar a palabra a persoas representativas que exercen en Galicia nos diversos ámbitos da arte actual: artistas, comisariado, crítica, docencia, galerismo, coleccionismo, xestión cultural, programación institucional e outros axentes.
PROGRAMA:
Xoves, 12 abril. CREACIÓN. Artistas.
Visionado da sesión gravada (1) [Comeza no minuto 00:02 e remata ás 02:04]
Visionado da sesión gravada (2) [Comeza no minuto 00:07 e remata no 00:54]
- Mar Caldas. Artista.
- Ángel Cerviño. Artista.
- Suso Fandiño. Artista.
- Loreto Martínez Troncoso. Artista.
Modera: Seve Penelas. Comisario e crítico de arte.
Venres, 13 abril. INTERMEDIACIÓN. Comisariado / Crítica / Formación.
Visionado da sesión gravada [Comeza no minuto 00:14 e remata ás 03:05]
- Xosé Manuel Buxán. Comisario, crítico e profesor na Fac. BB.AA. de Pontevedra, Univ. de Vigo.
- Pedro de Llano Neira. Comisario, crítico e historiador da arte.
- Juan de Nieves. Comisario de exposicións.
- Miguel Anxo Rodríguez. Crítico e profesor de Historia da Arte na USC.
Modera: Camilo Franco. Escritor e xornalista cultural.
Mércores, 18 abril. INSTITUCIÓNS. Espazos / Programacións / Xestións.
Visionado da sesión gravada [Comeza no minuto 00:27 e remata ás 03:25]
- Juan Carlos Fernández Fasero. Director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Consellería de Cultura.
- Silvia Longueira. Directora da Fundación Luís Seoane, A Coruña.
- Iñaki Martínez Antelo. Director do MARCO, Vigo.
- Miguel von Hafe. Director do CGAC, Santiago de Compostela.
Modera: Federico López Silvestre. Profesor de Historia das Ideas Estéticas, USC.
Xoves, 19 abril. MERCADO. Coleccionismo / Feiras / Galerías.
- Nuria Blanco. Directora da Galería Moret Art, A Coruña.
- Marta García-Fajardo. Directora da Colección de Arte da Fundación María José Jove, A Coruña.
- Asunta Rodríguez. Directora da Galería Trinta, Santiago de Compostela.
- Sofía Santos. Coleccionista e Vicepresidenta do Padroado do CGAC, Santiago de Compostela.
Modera: María Luísa Sobrino. Catedrática de Historia da Arte, USC.
Fonte: Consello da Cultura Galega