Atalaia

> Xornadas de arte de acción. Historia, obradoiro e performance en vivo
Datas: 10/06/2014 - 11/06/2014

Descrición

A Fundación Laxeiro organiza estas Xornadas de arte de acción, que combinan unha parte teórica, onde se fará un achegamento ao contexto histórico da performance e a arte de acción, dende as súas orixes nas vangardas históricas, ata a actualidade, e unha parte práctica, coa realización de sinxelos exercicios de aproximación á linguaxe corporal, que partirán do xogo como premisa principal e tamén se recrearán accións curtas de artistas coñecidos que hoxe en día son clásicos desta disciplina. As xornadas finalizarán coa participación de tres artistas, unha delas, a propia directora, e dúas artistas convidadas: Silvia Peceño, Teresa Búa e Susana Roble.

Fonte: Fundación Laxeiro